PAIS COMPUTER CEE

INICIO - TIENDA ONLINE - CONTACTO - INFORMACION SUBVENCION - ¿DONDE ESTAMOS?

Subvención Adquisición Ordenadores Persoais
Consellería de Innovación e Industria,
e Unión Europea – FEDER

PARA OS TRABALLADORES POR CONTA PROPIA DADOS DE ALTA
NO REXIME ESPECIAL DE TRABALLADORES AUTONOMOS

Plazo e lugar de solicitude:

Ó día seguinte de publicarse no DOG (seguramente o dia 6 de xullo do 2009) da lista definitiva de empresas colaboradoras e manterase ata que a Xunta de Galicia esgote o orzamento de 1 millón de euros dispoñible para o ano 2009.

As solicitudes tramítanse exclusivamente a través das empresas colaboradoras, como a titular desta páxina web.

A axuda acadará o 45 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de 350€ para cada solicitante. O investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario.

O investimento deberá contemplar como mínimo os seguintes elementos:
- Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa, con procesador con arquitectura semellante a x86 de 32 bits, ou superior. O ordenador deberá incluír sistema operativo Linux
- O ordenador deberá dispor de navegador de internet en Software Libre tipo Mozilla Firefox versión 2.0 ou superior.
- O ordenador deberá dispor de paquete ofimático en Software Libre tipo OpenOffice versión 2.0 ou superior.
- No caso de ordenadores de sobremesa poderán estar incluídos os periféricos de usuario necesarios (pantalla, teclado e rato).

Non se considera subvencionable a adquisición de licenzas de software adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos (por exemplo: impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc).

Documentación que deberán de presentar os traballadores autónomos.

 

Pode obter máis información na seguinte dirección:

981 706 277

xunta eu